CORRENDO POR OURENSE 2016 (CxOU 2016)
Un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense é organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VI Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.
A Comisión Técnica está formada por:
- Francisco Javier Vázquez Fernández (Colexio Divino Maestro): Carreira do Vinteún.
- Óscar del Campo Rodríguez (Esprintes Ourense): Carreira de O Couto.
- Ángel Fidalgo Vázquez (Delegación Ourensana de Atletismo): Carreira do Centro.
- Eladio Gómez Rosales (Club Deportivo Aurum): Carreira da Zona Universitaria.
- José Antonio Álvarez Pérez (Club Ourense Atletismo): Carreira da Ponte.
- Arturo Rodríguez Pérez (Asociación de Veciños Carlasca): Carreira da Carballeira.
- Marta Míguez Telle (Coordinadora de deportes do Consello Municipal de Deportes)
As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2010 E POSTERIORES PROMESA 1994 / 1995 / 1996
BENXAMÍN 2007 / 2008 / 2009 SENIOR 1993 E ANTERIORES ATA VETERANOS
ALEVÍN 2005 / 2006 VETERANOS A DE 35 A 44 anos
INFANTIL 2003 / 2004 VETERANOS B DE 45 A 54 anos
CADETE 2001 / 2002 VETERANOS C DE 55 A 64 anos
JUVENIL 1999 / 2000 VETERANOS D MAIORES DE 65
JUNIOR 1997 /1998 ABSOLUTA
Para que os veteranos non varíen de categoría ao longo do Circuíto establécese a data da primeira carreira do Circuíto para o cálculo das idades.
Poderán participar atletas federados e non federados.
Deberán atender en todo momento as indicacións da Organización.
4. INSCRICIÓN
As inscricións realizaranse na páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O prazo para inscribirse no Circuíto paratodos os participantes comeza o día 4 de abril e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.
A inscrición no circuíto ten un para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta. Unha parte da inscrición irá destinada a axudar a un colectivo social.
A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes e deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal no peito.
Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos é imprescindible que teñan un chip amarelo de Championchip en propiedade (pódese adquirir no procedemento de inscrición). Este chip xa queda en posesión do seu dono para ser utilizado no Circuíto Correndo por Ourense e noutras carreiras que estean cronometradas pola mesma empresa.
En caso de que o corredor perda o chip propio deberá autoxestionar a través de Championchip a compra doutro chip para seguir participando no Circuíto.
As categorías benxamín, alevín, infantil e cadete poden ter un chip en propiedade (sempre que teñan DNI) seguindo o procedemento das categorías superiores ou ben, poden usar o chip de préstamo que proporciona gratuitamente a Organización. Neste último caso, no procedemento de inscrición, deberá chequear a casiña que indica a anulación do pago do chip en propiedade.
O chip de préstamo (recollerase para a primeira carreira na que se participe e, obrigatoriamente, terá que devolvelo na última carreira do Circuíto, na última carreira na que participe ou, por circunstancias particulares, nas oficinas do Pavillón de Deportes dos Remedios.
Na categoría pitufos corren sen chip.
Ó finalizar o Correndo por Ourense 2016 os corredores que adquiriron o chip neste Circuíto:
- Poden devolvelo chip nas oficinas do Pavillón dos Remedios no prazo de 15 días a partires do luns seguinte á última carreira do Circuíto 2016. Ao remate deste prazo os corredores que devolveron o chip recuperarán 6€ que lle serán devoltos na propia tarxeta coa que se fixo o pago a través tamén da “pasarela de pago” de Championchip.
- Poden quedar co chip para futuras edicións do Circuíto ou resto de carreiras controladas por ChampionChip.
EN NINGÚN CASO SE PODERÁ DEVOLVER UN CHIP QUE NON FOI ADQUIRIDO NESTE CIRCUÍTO
A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 23 de abril de 2016 no Pavillón dos Remedios de 10:00h a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes de que empece a primeira proba.
O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.
Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente regulamento e autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes do evento.
5. CLASIFICACIÓN E PREMIOS
A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación (diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán os/as primeiros/as clasificados/as.
Todos os que estén na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo. Na clasificación absoluta haberá 2 modalidades:
Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.
Clasificación Equipos mixtos dobles parellas: grupos integrados por 2 homes e 2 mulleres. Sumaranse os postos dos 4 integrantes e gañará o equipo que menos puntos sume en total.
Trofeos ó 1º, 2º e 3º equipo clasificado.
Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.
A entrega de trofeos (19h) e agasallos (de 10 a 20h) terá lugar o sábado 19 de novembro na cancha central do Pavillón dos Remedios.
Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán un agasallo en cada carreira.
Un corredor non poderá inscribirse en máis dun equipo.
Os integrantes dos equipos tamén optan á Clasificación Xeral Individual.
Todos os trofeos que non se recollan o día da entrega oficial estarán a disposición dos corredores na sede do organizador ata 8 días despois. A partir desa data enténdese que se renuncia a eles.